martes, 26 de septiembre de 2017

6. Esquema/Resumo do tema A Península Ibérica na Antigüidade


Esquema do tema A Península Ibérica na Antigüidade

Repasa co esquema
1.  Completa o esquema no teu caderno (pincha no enlace para abrir o esquema)




2.  Indica se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas, e corrixe as que sexan falsas.
a.       Os fenicios e os gregos fundaron colonias na Península para comerciar cos celtas.
b.       Os celtiberos habitaban o litoral mediterráneo.
c.       Numancia era unha importante cidade lusitana.
d.       Os galaicos vivían en aldeas con casas circulares.
e.       Os visigodos derrotaron ós musulmáns na batalla de Guadalete.


3.  Completa as seguintes oracións no teu caderno:
a.       Antes da chegada dos pobos colonizadores, en Andalucía occidental había unha cultura chamada…………………….. . A súa prosperidade baseábase na agricultura, nas …………………………., e no comercio con outros pobos, como os ………………………… .
b.       En tempos do emperador ………………………….., os bizantinos establecéronse na Península e crearon unha provincia á que chamaron ……………………………… . Durante ese mesmo período, os visigodos fundaron un reino con capital en ……………………….


4. Que pobos xermánicos chegaron á Península?

No hay comentarios:

Publicar un comentario