martes, 26 de septiembre de 2017

1. Preguntas tema "A Península Ibérica na Antigüidade.


Contesta no teu caderno:

1.Cita os pobos colonizadores que chegaron á Península Ibérica no I milenio a.C.
2. En que zona da Península se estableceron? Cal foi a motivo principal da súa chegada? Que fundaron?
3. Di cales foron os pobos prerromanos da Península e indica as prinicipais características de cada un deles.
4. Cita as principais manifestacións artísticas dos iberos e dos celtíberos.
5. Que é a cultura castrexa? Explica como eran os castros.
6. Quen se enfrontou nas Guerras Púnicas? Cal foi a causa principal destas guerras?
7. Sinala as etapas da conquista romana da Península. Enumera as provincias nas que se dividía Hispania (Realiza unha liña do tempo seguindo os pasos indicados no enlace)
8. A que chamamos romanización? Cita exemplos do legado romano.
9. Que era a Gallaecia?
10. Que pobos entraron en Hispania tras a caída do Imperio romano?
11. Como entran os visigodos na Península Ibérica? Onde estableceron a súa capital?
12. Sinala as características da monarquía visigoda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario