miércoles, 1 de noviembre de 2017

Webquest: planos roubados

Paso 1: Para empezar
No século VI, en Oriente florece o Imperio bizantino e Xustiniano foi aclamado emperador. A vida transcorre próspera e tranquila na brillante Constantinopla, pero hoxe… algo sucedeu!

Uns desalmados roubaron os planos para a construción da igrexa de Santa Sofía. O seu arquitecto teme as represalias do emperador! Necesita volver trazar o deseño antes de que as iras de Xustiniano caian sobre el, pero precisa axuda con urxencia. Poderías prestarlla ti? Se o consegue revolucionará a historia da arquitectura…

A que esperas? Non hai tempo que perder!



Paso 2: Percorre o camiño
Comeza por facer un repaso sobre a cultura bizantina e despois contesta no teu caderno as preguntas.

- Cales son as orixes de Bizancio?
- Que culturas influíron na bizantina? Que achegaron esas culturas?
- O Imperio bizantino viviu o seu apoxeo en tempos de Xustiniano. Poderías sinalar que logros destacaron durante o seu reinado?



Paso 3: Percorre o camiño
Agora centrarémonos na arquitectura bizantina e analizaremos as súas principais características. Realiza os exercicios no teu caderno.

Fai un breve resumo no que indiques cales son os períodos da arte bizantina, as peculiaridades da súa arquitectura: materiais, cúpulas, tipos de planta, arte figurativa...
Nomea dúas igrexas importantes en Constantinopla e Rávena.
Finalmente, investigarás sobre a famosa igrexa de Santa Sofía e anotarás no teu caderno as características máis importantes da súa construción.

Aquí poderás descargar imaxes que ilustren o teu traballo.

Alcanza a meta
Só queda trazar o deseño da igrexa de Santa Sofía. Debuxa, coa axuda das imaxes que descargaches, a planta, a bóveda, os muros e os minaretes. A igrexa oriental máis importante de todos os tempos está en marcha!



           



Avalíate
Para valorar a túa tarefa, sigue os seguintes pasos:

1. Imprime a folla de avaliación.

2. Valora do 1 ao 5 o nivel de dificultade que encontraches nos diferentes pasos. Ten en conta que o 1 implica ningunha dificultade e o 5 moita dificultade.

3. Para rematar, valora o teu traballo do 1 ao 10.


No hay comentarios:

Publicar un comentario